ideassem – Correduría, asesoría y gestoría | Grupo Más Suárez

Erros ao emprender en 2026: decisións clave que debes tomar antes de comezar
Emprender non adoita fracasar pola idea, senón por como se estrutura desde o inicio. Na nosa experiencia, moitos autónomos e pemes repiten erros que non aparecen nos plans de negocio: mala planificación fiscal, decisións xurídicas incorrectas ou falta de control financeiro. O problema non é só cometelos, senón detectalos tarde. Analizamos os erros máis habituais antes de iniciar unha actividade e que decisións convén tomar para evitalos.

O problema real: erros antes de empezar, non despois

Existe unha idea bastante estendida: que os problemas aparecen cando o negocio xa está en marcha.

A realidade é distinta: moitos dos erros máis custosos cométense antes de emitir a primeira factura.

E o máis relevante: nese momento non se perciben como erros.

1. Confundir facturación con rendibilidade

Facturar non implica gañar cartos. Sen unha estrutura de custos clara, o negocio pode ser inviable desde o inicio.

Que adoita fallar:

Non incluír todos os custos reais

Non valorar o tempo non facturable

Fixar prezos sen criterio económico

Risco práctico: Traballar con volume pero sen marxe.

2. Escoller a forma xurídica sen criterio estratéxico

Ser autónomo é a opción máis sinxela, pero non sempre a máis axeitada a medio prazo.

Erro habitual: Non revisar esta decisión cando o negocio medra.

Risco práctico:

Sobrecuste fiscal

Exposición innecesaria do patrimonio persoal

Importante: Non existe unha solución única. Cada caso require análise.

3. Non anticipar o impacto fiscal

Tratar os impostos como algo secundario é un erro frecuente.

Que ocorre na práctica: Comeza a facturarse sen prever os pagos futuros.

Consecuencia directa: Problemas de liquidez incluso en negocios rendibles.

4. Ignorar os riscos do negocio

Moitos emprendedores analizan ingresos, pero non riscos.

Que non se está tendo en conta:**

Responsabilidade fronte a terceiros

Interrupción da actividade

Danos ou reclamacións

Risco práctico: Un só incidente pode ter impacto económico relevante.

5. Improvisar en materia laboral

Erros frecuentes:

Contratacións sen planificación

Uso incorrecto de colaboradores

Risco práctico: Sancións e custos sobrevidos.

6. Non ter control financeiro real

Que ocorre na práctica:

Mestura de contas persoais e do negocio

Falta de seguimento de ingresos e gastos

Risco práctico: Tomar decisións sen información fiable.

7. Comezar sen asesoramento profesional

Decisións baseadas en fontes non especializadas.

Risco práctico: Erros estruturais difíciles de corrixir.

Que debes facer agora

Analizar a rendibilidade real do negocio

Definir a estrutura xurídica axeitada

Planificar o impacto fiscal desde o inicio

Avaliar riscos e coberturas necesarias

Separar finanzas persoais e profesionais

Contar con asesoramento antes de empezar

Conclusión estratéxica

Emprender non é só executar unha idea, senón deseñar correctamente a súa estrutura. Os erros iniciais non adoitan ser evidentes, pero si acumulativos. E cando aparecen, xa teñen impacto económico. Por iso, a diferenza non está só na idea, senón en como se constrúe desde o principio.

En +Suárez axudamos a autónomos e pemes a tomar decisións estratéxicas antes de iniciar a súa actividade.

Nova normativa en materia de Prevención de Riscos Laborais para empregadas do fogar
Recentemente acaba de entrar en vigor unha das normativas máis relevantes para o servizo doméstico en décadas polo cal existen novas obrigas legais relacionadas coa prevención de riscos laborais (PRL).

Se tes unha empregada —a tempo completo, parcial ou por horas— isto interésache. Neste artigo explicámoste todo o que debes facer, como cumprilo paso a paso e que recursos gratuítos tes á túa disposición.

¿Por qué cambia a normativa?

Co Real Decreto 893/2024, a prevención de riscos xa non é algo exclusivo das empresas. Agora, tamén os fogares que teñen empregadas do fogar deben garantir condicións seguras de traballo. Ata agora, o servizo doméstico tiña un réxime máis flexible. Con esta normativa, equipárase ás obrigas doutras actividades laborais. Isto significa que como empregador/a, tes un papel activo e documentado na protección da persoa traballadora.

Principais obrigas que debes cumprir

Imos ao importante: que tes que facer na práctica?

Avaliación de riscos da vivenda

Tes que identificar se existen riscos nas tarefas que realiza a empregada:

Uso de escaleiras

Productos químicos de limpeza

Posturas forzadas

Movemento de pesos

Superficies esvaradizas

Espazos de difícil acceso

Todo esto podese facer de maneira gratuíta na ferramenta oficial da administración: www.prevencion10.es

Adoptar medidas preventivas

Non falamos de grandes obras nin investimentos. Son axustes razoables como:

Substituír produtos corrosivos por outros máis seguros

Garantir boa iluminación

Asegurar que as escaleiras sexan estables

Indicar que pesos non deben levantarse

Organizar mellor os espazos de traballo

Informar e formar á empregada

A empregada debe saber:

Que riscos hai

Como facer cada tarefa con seguridade

Como manipular produtos e equipamentos

Que medidas debe seguir

Que facer se detecta un risco ou sofre un accidente

E que pode parar o traballo se existe un risco grave e inminente

A formación pode ser sinxela e verbal, pero debe quedar documentada.

Elaborar e gardar un documento cos riscos e medidas adoptadas

Este documento debe incluír:

A avaliación de riscos

As medidas preventivas implantadas

A información/formación facilitada

E si, pode ser solicitado nunha inspección.

¿E que obriga ten a empregada?

A normativa tamén fai referencia ás súas responsabilidades:

Cooperar co empregador nas medidas de seguridade

Usar correctamente produtos e equipos

Avisar se detecta un risco

Interromper o traballo se existe un perigo grave

Non se lle esixe contratar formación externa nin elaborar documentos, pero si seguir as pautas de seguridade.

¿Cando hai que cumprir?

Aquí está a clave:

Para novos contratos: é obrigatorio desde o 15 de novembro de 2025.

Para contratos vixentes: recoméndase realizalo canto antes.

Canto máis cedo te adaptes, máis evitas riscos legais.

¿Que pasa se non cumpro?

Infraccións administrativas

Responsabilidade civil en caso de accidente

Problemas a efectos de Seguridade Social

Posibles reclamacións laborais

E o máis importante: Un accidente doméstico pode ter consecuencias graves se non existe unha avaliación de riscos previa.

Ferramentas útiles para cumprir

Plataforma oficial gratuíta: www.prevencion10.es

Nesta web poderás:

Facer a avaliación de riscos

Obter un documento descargable

Consultar información adaptada ao fogar familiar

Recursos de apoio

Modelos sinxelos de comunicación á empregada

Guías de boas prácticas domésticas

Listas de comprobación semanais

Preguntas frecuentes (FAQ)

Teño unha empregada só unhas horas por semana. ¿Tamén aplica a normativa? Si. A obriga existe sempre que exista relación laboral.

¿A avaliación ten que facela un técnico? Non obrigatoriamente. Prevención10 permite facela ti mesmo como empregador.

¿E se a empregada traballa en varias casas? Cada fogar debe facer a súa propia avaliación.

¿Teño que comprar EPIs? Só se a avaliación indica que son necesarios (por exemplo: luvas para produtos irritantes).

Conclusión

Esta normativa é nova, pouco coñecida e afecta a milleiros de fogares. O noso compromiso, como sempre, é mantervos informados con claridade e anticipación.

Se queres:

Resolver dúbidas

Solicitar orzamentos

Revisar o teu caso particular

Estamos á túa disposición.

O TSXG avala a reducción do 60% en IRPF en caso de aluguer a estudantes
Cando falamos de alugueiros a estudantes, adoita xurdir a dúbida: ¿contan como vivenda ou son “de tempada”?

En +Suárez defendemos que son vivenda durante o curso e, por tanto, deben poder aplicar a redución do 60 % do IRPF. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de darnos a razón.

Que discutía Facenda?

A Administración aplicara liquidacións complementarias a unha contribuínte por considerar que, ao tratarse de estudantes, non se podía aplicar a redución do 60 %. O caso chegou ao TSXG, que anula as liquidacións e fixa criterio: o importante é o destino do inmoble como vivenda, non a etiqueta de “tempada” nin a duración exacta do contrato.

¿Qué di a sentencia?

En resumo, claro:

O artigo 23.2 da LIRPF non esixe contratos dun ano nin fala de “vivenda habitual” para conceder a redución. Pide que sexa vivenda, punto.

Un contrato ligado ao curso académico pode cumprir perfectamente esa función: durante 10 meses ao ano é a morada dos estudantes.

Este enfoque encaixa con outras sentenzas (Madrid e Castela e León) e coa idea de fomentar o alugueiro residencial fronte ao turístico.

Por que é boa noticia?

Porque moitas persoas propietarias en Galicia alugan a estudantes e vían como se lles negaba a redución. A partir desta resolución, hai base para defender que si procede cando o uso é residencial durante o curso.

En +Suárez, o noso compromiso

Levamos este caso desde o primeiro día e non o soltamos ata lograr unha resolución que beneficia a máis xente. É o noso xeito de traballar: rigor xurídico, constancia e defensa dos dereitos dos clientes.

Se tes alugueiros a estudantes… a AEAT che denegou a redución, falamos e revísamolo sen compromiso.

Novo regulamento de vehículos históricos: Todo o que tes que saber se es apaixonado polos clásicos
Se es un apaixonado dos coches clásicos, vas estar encantado de saber que se aprobou un novo Regulamento de Vehículos Históricos, que entrará en vigor o 1 de outubro de 2024. Esta normativa actualiza e moderniza a anterior, que xa ten máis de tres décadas, para adaptarse ás novas lexislacións europeas e protexer mellor o noso patrimonio automovilístico.

Imos desglosar os puntos máis importantes desta novidade lexislativa de xeito sinxelo e amigable para que poidas comprender como afectará ao teu querido clásico.

Que se considera un vehículo histórico?

Un vehículo poderá ser clasificado como histórico se cumpre algún destes requisitos:

Antigüidade: Debe ter sido fabricado ou matriculado por primeira vez hai, polo menos, 30 anos.

Produción interrompida: O seu tipo específico xa non debe producirse.

Estado orixinal: Non debe ter sufrido modificacións substanciais nas súas características principais, como motor, freos ou carrocería, e debe estar ben conservado.

Ademais, os vehículos incluídos no Inventario Xeral de Bens Mobles do Patrimonio Histórico Español ou declarados de interese cultural tamén serán considerados históricos.

Que cambios introduce o novo regulamento de vehículos históricos?

Unha das principais novidades é a simplificación do proceso de clasificación dos vehículos históricos. Agora haberá dous procedementos distintos:

Procedemento abreviado (Grupo A): Para vehículos con máis de 30 anos, xa matriculados en España e coa ITV ao día.

Procedemento máis complexo (Grupo B): Para aqueles vehículos que non cumpren estes requisitos ou que foron importados.

Isto facilita a clasificación e reduce os custos, algo que ata agora supoñía unha carga económica considerable para os propietarios, especialmente de motocicletas e ciclomotores.

Exencións e beneficios

Os vehículos históricos con máis de 60 anos estarán exentos de pasar a ITV periódica, mentres que os ciclomotores clasificados como históricos non terán que pasala en absoluto. Porén, se o desexas, poderás solicitar unha ITV voluntaria para asegurar o bo estado do teu coche.

Ademais, a normativa inclúe disposicións para que os concellos faciliten a circulación ocasional destes vehículos en zonas de baixas emisións. Iso si, o seu uso debe ser esporádico, cun máximo de 96 días ao ano, para minimizar o impacto ambiental.

Limitacións á circulación

É importante destacar que os vehículos históricos terán algunhas restricións en canto a velocidade e seguridade. Por exemplo, non poderán superar os 80 km/h se non dispoñen de cintos de seguridade dianteiros, e non poderán levar a menores de 135 cm se non é posible instalar sistemas de retención infantil.

Ademais, para preservar o valor cultural destes vehículos, o seu uso será ocasional e non poderán ser utilizados para transporte público ou actividades comerciais, como o transporte de mercadorías ou uso agrícola.

Servizos Técnicos de Vehículos Históricos

Créase a figura dos Servizos Técnicos de Vehículos Históricos, entidades acreditadas que realizarán as inspeccións e emitirán os certificados necesarios para clasificar un coche como histórico. Isto unifica os criterios e asegura que só os vehículos que cumpran cos requisitos adecuados obterán este status.

Conclusión sobre o novo regulamento de vehículos históricos

Este novo regulamento supón unha gran noticia para todos os apaixonados polos coches clásicos. Non só simplifica os trámites, senón que tamén protexe o noso valioso patrimonio automobilístico, permitindo que sigamos gozando destas xoias sobre rodas. Lembra que, aínda que o teu coche sexa un clásico, é importante mantelo en bo estado e respectar as normas de circulación.

Este outubro, prepárate para unha nova etapa na vida do teu clásico. ¡Dálle o valor histórico que merece!

Nota informativa sobre vehículos de empresa
A Dirección General de Tráfico, da man da Consellería de Transportes e os Inspectores da Seguridad Social, están a levar a cabo unha campaña de identificación dos condutores de vehículos que teñen como propietario unha empresa, impoñendo sancións si non se acredita no momento a relación do condutor coa propia mercantil, é por eso que a fin de evitar ditas multas recomendamos dispoñer en todo momento nos vehículos da seguinte documentación:

Para acreditar a relación do administrador:

Fotocopia da escritura mercantil onde se nomea administrador

Copia do último recibo de autónomos

Para acreditar a relación dos traballadores:

Copia do último TC da seguridad social onde se nomeen os traballadores.

En caso de ser un traballador de recente alta, copia da alta cursada na Seguridad Social.

Dende a asesoría, si nolo solicitades, podémosvos remitir copias tanto das escrituras como do últimos TCs para que poidades dispoñer deles na guantera, evitando así posibles sancións durante os controis de tráfico.

Ciberataques: recomendacións para empresas
En +Suárez alertamos que se está producindo un aumento preocupante de ciberataques, detectando intercepcións en comunicacións por correo electrónico con alteracións nos números de conta bancaria. Queremos lembrarvos a importancia de manter unhas adecuadas medidas de ciberseguridade para protexer as vosas operacións comerciais e financeiras.

Recomendacións básicas de ciberseguridade:

Mantemento dos sistemas: Asegurade que todos os equipos teñan instaladas as últimas actualizacións de seguridade e que se utilice software orixinal, asi como que os equipos conten con un antivirus que permita a protección en línea.

Vixilancia de correos electrónicos: Prestade especial atención aos correos de orixes descoñecidas e verificade sempre a autenticidade dos mesmos antes de realizar calquera acción que soliciten.

Certificados de titularidade bancaria: Para pagos de cantidades elevadas, solicitade aos vosos proveedores ou clientes un certificado de titularidade bancaria e confirmade telefónicamente a conta bancaria directamente coa entidade ou persoa correspondente, especialmente se notades cambios nos números de conta habituais en outras operacions ou o importe das mesas é elevado.

Formación e concienciación en ciberseguridade: Recomendamos a realización de cursos de formación en ciberseguridade para empregados. A educación regular pode axudar a previr ataques, ensinando a identificar intentos de phishing, enlaces sospeitosos e outras estafas comúns.

Políticas de seguridade interna: Incentivar a creación e cumprimento de políticas de seguridade interna que inclúan a xestión de contrasinais, o manexo seguro de datos confidenciais e protocolos de resposta ante incidentes de seguridade.

Copias de seguridade regulares: Aconsellase a realización de copias de seguridade regulares de toda a información crítica. Estas deben ser almacenadas en unha localización segura e separada dos sistemas principais para protexer os datos en caso de un ataque cibernético ou fallo técnico.

Revisión de configuracións de seguridade: Reforzade a revisión periódica das configuracións de seguridade das redes e sistemas para asegurarse de que están optimizadas contra ameazas externas.

Uso de VPNs: Para aqueles clientes que requiran acceso remoto aos seus sistemas, recomenda o uso de redes privadas virtuais (VPNs) que cifren o tráfico de datos e protexan a información de interceptacións non autorizadas.

Ademais de todo o anterior, tamen queremos informarvos de que actualmente existen no mercado seguros específicos de ciberseguridade, que inclúen, entre outras, resposta ante incidentes, costes forenses, sancions administrativas, extorsion cibernética, coberturas contra a suplantación de identidade ou fraude pola transferencia de fondos. Estas pólizas proporcionan unha capa adicional de seguridade, axudándovos a salvagardar o patrimonio da empresa.

Para máis información sobre estes seguros ou axuda para adoptar algunha das medidas recomendadas, non dubidedes en contactar con nós. Estamos aquí para axudarvos a garantir a seguridade das vosas operacións.

Lei de benestar animal: todo o que debes saber
O pasado 28 de marzo publicábase a lei 7/2023 de protección dos dereitos e do benestar dos animais, que entrará en vigor 6 meses despois da súa publicación, esto é, o 29 de setembro de 2023, pero a día de hoxe, sigue sen publicarse o reglamento da norma que regule capitais a asegurar, sancións, cursos de formación, etc.

Os puntos mais importantes das lei son os seguintes:

Prohibición de deixar solo un animal de compañía mais de 3 días, 1 en caso dos cans.

A venta de cans, gatos e furóns so se poderá realizar por criadores autorizados.

Cambiase a denominación de “Cans de raza perigosa” pola de “Cans de manexo especial”.

Esterilización obrigatoria de todos os gatos a partir do medio ano de vida.

Obrigación de identificar gatos e furóns, ao igual que os cans, a través de microchip.

Curso de formación obrigatorio para a tenencia de cans.

A lei non inclue os cans de caza ou pastoreo.

Contratar e manter en vigor un seguro de responsabilidade civil para cans.

Sobre este último punto, dado as diversas dudas e cuestións que está xerando, dende esta corretoría de seguros gustaríanos destacar o que a día de hoxe se sabe:

Mentres non exista reglamento, non se coñeceran os límites, capitais e coberturas que o seguro obrigatorio deberá ter.

Si o can é de raza perigosa, a obrigación de ter seguro de Responsabilidade Civil xa existía anteriormente a esta lei.

A maioría de pólizas de fogar, que ata o momento amparaban a Responsabilidade Civil pola tenencia de cans, non cobren seguros que sexan obrigatorios, como este pasará a ser.

A maioría de pólizas de fogar, están preparando modificacións no seu condicionado para poder cubrir a Responsabilidade Civil pola tenencia de cans.

A maioría de pólizas de fogar, so cobren a responsabilidade civil do can sempre e cando o propietario sexa o tomador do seguro, o cónxuxe ou os fillos.

Visto todo o anterior, as nosas recomendacións profesionais, en canto non se aprobe o reglamento son:

Quenes teñan un seguro de fogar actualmente e os cans non sexan de raza perigosa, e estean chipeados, que nolo comuniquen para trasladarllo a compañía de seguros e que emitan o certificado correspondente.

Quenes teñan un seguro de Responsabilidade Civil para a súa mascota, que o manteñan.

Quenes non teñan seguro de fogar nin seguro de RC para a súa mascota, que contraten un seguro que polo menos cubra a responsabilidade civil por 300.000€.

A maiores de todo o anterior, coma sempre, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida ou consulta adicional.

Novo sistema de cotización para autónomos
Coa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2023 do Real Decreto-lei 13/2022 de 26 de xullo de 2022 estableces un novo sistema de cotización para os traballadores por conta propia, que consiste nun modelo progresivo de cotas que se vai a implementar o largo de tres anos, entre o 2023 e o 2025, buscando axustar a cotización os ingresos reais.

Así, o novo sistema establece 15 tramos de cotización nos que, con algunhas excepcións, cada autónomo deberá incluírse en función da súa previsión de ingresos.

Como novidade, poderase cambiar de tramo de ata 6 veces no ano, en función da previsión e o acabar cada exercicio, si procede, haberá que regularizar as cotizacions.

Este proceso de regularización realizarase despois da presentación da declaración da renta do ano posterior podendo atoparnos con tres situacións.

Si a cotización pagada está dentro do rango dos rendementos reais à Non procede ningún modificación.

Si a cotización pagada está por debaixo do rango dos rendementos reais à Procederá pagar a diferencia ata alcanzar o mínimo do rango.

Este pago da diferencia será sen recargos nin intereses

O gasto adicional poderá imputarse o exercicio en curso.

Si a cotización pagada está por encima do rango dos rendementos reais à Poderá solicitarse unha devolución da cotización excedente

Esta devolución de ingresos realizarase sen intereses.

A devolución computará como maior rendemento no exercicio en curso.

Si durante o ano en curso se cobrase calquera tipo de prestación esta virá marcada polo tipo de cotización que se este pagando sen que esto afecte as regularizacións posteriores.

Adicionalmente o anterior:

Nos casos de que se estivese nun rango de cotización superior o que marca a nova normativa, poderá manterse dita cotización.

Nos casos de que se este desfrutando de unha tarifa plana, esta manterase.

No caso dos autónomos con nóminas (societarios ou familiares colaboradores) o calculo realizarase en función dos ingresos por nóminas.

Coma sempre, para calquera ampliación de información, dubida ou consulta quedamos a vosa enteira disposición.

¡Que é preciso para facer un cambio de directiva dunha asociación ou comisión de festas?
En primeiro lugar é necesario elaborar unha acta de cambio da directiva da asociación que deberá recoller obligatoriamente:

Os datos da asociación (CIF, Nº de rexistro de asociación na Xunta)

Os datos dos membros da comisión saínte.

Os datos dos membros da comisión entrante.

Os postos na asociación de cada un dos membros.

Para poder elaborar esa acta, sería preciso saber os postos de cada un dos membros da asociación así como ter copia dos DNIs de cada un deles.

En segundo lugar, hai que facer unha copia auténtica da acta no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia previo pago dunha taxa de Atriga.

En terceiro lugar, débese facer a inscripción da nova directiva a través da sede electrónica xa Xunta de Galicia mediante o procedemento PR308A, previo pago doutra taxa de Atriga.

Por último, unha vez resolto por parte da Xunta o cambio da directiva, o novo presidente da asociación deberá sacar un novo certificado dixital da asociación onde figurará él como representante da mesma.

Con ese certificado realizaranse os cambios dos representantes da asociación na AEAT, dando de baixa aos representantes anteriores e de alta aos novos.

Imposto de sucesións en Galicia: o que debes ter en conta
Despois da perda dun ser querido, hai que pasar tamén o transo de cumprir coa Administración en materia de declaración do imposto de sucesións, para iso, cóntase cun período de 6 meses desde o falecemento.

A pesar de que o Imposto de sucesións está parcialmente bonificación en Galicia (en caso de herdeiros directos ata un millón de euros), este trámite é imprescindible para evitar sancións por parte da administración, ademais de para outro tipo de trámites relacionados, como son; a liquidación dos saldos ou obrigacións bancarias, cambio de titularidade de vehículos, rexistro de propiedades…

A Lei Civil Galega, desde 2006, recolle que en caso de falecemento, existen certos herdeiros que deben de dispoñer polo menos da parte lexitima da masa hereditaria do causante, isto é ¼ da súa herdanza ha de ser repartida entre os fillos do falecido.

Se a falecido tenia un testamento previo á modificación da lei, de 2006, a parte lexitima para os seus fillos será de 1/3 da súa herdanza.

Explicámosche todo o necesario para realizar correctamente este trámite relaciona co imposto de sucesións:

Certificado de defunción. Documento que recolle os datos do falecido e do falecemento. Adóitao entregar a funeraria, senón, pódese solicitar no concello onde residía o falecido.

Últimas Vontades. Documento que recolle se o causante deixou testamento e ante que notario. Adóitao entregar a funeraria, pero puiden tardar ata 3 meses. Tamén se puiden pedir no Ministerio de Xustiza.

Último testamento. No caso de que non deixase testamento, ha de facerse unha declaración de herdeiros, un documento notarial no que se declara quen é os seus herdeiros legais.

DNI de falecido.

DNI de herdeiros.

Certificados de minusvalía de herdeiros, en caso de telos.

Certificado de posiciones bancarias en el momento de fallecimiento:

Saldo de contas correntes

Préstamos en vigor

Accións, posicións a prazo…

Vehículos a nome do falecido. Turismos, motos, tractores, remolques…

Propiedades a nome do falecido. Casas, edificacións, leiras, panteóns…

Recibos de contribución, IBI´s

Dereitos que puidese ter o falecido. Usufrutos, dereitos de moenda, de augas, etc.

Con todo o anterior, en Suárez encargámonos dos trámites obrigatorios:

Análise da última vontade do falecido e dereitos dos herdeiros.

Valoración dos bienes e posibles recomendacións neste aspecto.

Confección do imposto de sucesións e presentación en ATRIGA.

Presentación do imposto de plusvalía municipal (a presentarse no concello onde están situados os bienes que se transmiten no prazo de 6 meses desde o falecemento).

Adicionalmente ao anterior, tamén nos podemos encargar dos seguintes trámites:

Preparación da adxudicación da herdanza da falecido

Presentación das modificacións catastrais dos bienes.

Presentación en Rexistro da Propiedade do cambio de titular.