O TSXG avala a reducción do 60% en IRPF en caso de aluguer a estudantes
Cando falamos de alugueiros a estudantes, adoita xurdir a dúbida: ¿contan como vivenda ou son “de tempada”?
En +Suárez defendemos que son vivenda durante o curso e, por tanto, deben poder aplicar a redución do 60 % do IRPF. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de darnos a razón.
Que discutía Facenda?
A Administración aplicara liquidacións complementarias a unha contribuínte por considerar que, ao tratarse de estudantes, non se podía aplicar a redución do 60 %. O caso chegou ao TSXG, que anula as liquidacións e fixa criterio: o importante é o destino do inmoble como vivenda, non a etiqueta de “tempada” nin a duración exacta do contrato.
¿Qué di a sentencia?
En resumo, claro:
- O artigo 23.2 da LIRPF non esixe contratos dun ano nin fala de “vivenda habitual” para conceder a redución. Pide que sexa vivenda, punto.
- Un contrato ligado ao curso académico pode cumprir perfectamente esa función: durante 10 meses ao ano é a morada dos estudantes.
- Este enfoque encaixa con outras sentenzas (Madrid e Castela e León) e coa idea de fomentar o alugueiro residencial fronte ao turístico.
Por que é boa noticia?
Porque moitas persoas propietarias en Galicia alugan a estudantes e vían como se lles negaba a redución. A partir desta resolución, hai base para defender que si procede cando o uso é residencial durante o curso.
En +Suárez, o noso compromiso
Levamos este caso desde o primeiro día e non o soltamos ata lograr unha resolución que beneficia a máis xente. É o noso xeito de traballar: rigor xurídico, constancia e defensa dos dereitos dos clientes.
Se tes alugueiros a estudantes… a AEAT che denegou a redución, falamos e revísamolo sen compromiso.










